Reminiscencia - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Reminiscencia
- Tradución do termo grego "anámnesis" (etimoloxicamente, lembranza), que Platón utiliza no Menón para dar unha explicación do coñecemento segundo a cal o que chamamos aprendizaxe non é máis que lembranza (teoría da reminiscencia). Platón apóiase na inmortalidade da alma para defender o valor da teoría: sendo a alma inmortal non hai nada que non saiba, polo que a aprendizaxe non é senón a lembranza do que a alma xa sabía. No Fedón refírese outra vez a dita teoría, pero para demostrar agora, mediante o recurso a ela, a inmortalidade da alma.